


A Semana do Libro inaugúrase cunha sesión do "Lecturas Debuxadas"
na que participarán Xose Manuel e Ramón Trigo
A Semana do Libro e a Lectura 2011 arrinca o martes 26 de abril a partir das 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar cunha sesión especial do club de cómic Lecturas Debuxadas, que recibirá a visita dos irmáns José Manuel e Ramón Trigo, guionista e ilustrador, respectivamente, de O burato do inferno, o cómic sobre o que vai xirar a sesión.
Durante a primeira hora, os lectores e lectoras poderán falar sobre a lectura desta obra. Despois, os autores achegaranse á biblioteca para charlar sobre este libro coas persoas que queiran participar.
No comments:
Post a Comment